Transición Xusta

A central de Foix, evidencia do que fai Endesa

Solar que ocupaba a central térmica de Cubelles (Endesa)

A promesa verbal dun polígono industrial privado en 2031 nos terreos da Central, desmentida tamén polas actuacións de Endesa en Cubelles (Barcelona).

Endesa e o PSOE xustifican o urxente desmantelamento da Central na necesidade de dispor de chan industrial, mais sen ter algo escrito que o comprometa, data para concretalo, e, moito menos, proxectos que vaian a ocupalo.

Para quen necesiten comprar tal discurso, debería contrastalo comprobando que está a facer Endesa noutras zonas onde desmantela centrais. Nós poñemos un exemplo actual.

Central térmica de Cubelles (Barcelona)

A central de Foix, duns 500MW, pechou en 2015; comezou a desmontarse en 2017 e rematou en 2022, 5 anos para unhas instalacións moito máis pequenas que nas Pontes. Endesa vendeu os terreos en 2023, por unha cantidade que non se fixo pública, a un promotor privado, que vén de pechar en 2024 un acordo urbanístico co Concello para a súa recalificación e poder construír, nus anos, un centro loxístico. 

O comportamento inmobiliario de Endesa non é novo, está a practicalo nas Pontes, da mesma forma (sen publicar prezos), como fixo na venda a Sentury dos terreos da campa de Espiñaredo, do parque de carbóns en Saá a Ence, na Canle IV a unha cooperativa, ou cos solares nas Veigas e na Ronda do Poboado.

O DESMANTELAMENTO SÓ FAVORECE A FUGA DE ENDESA!

ENDESA DEBE CUMPRIR CON AS PONTES!