CONVERSAS 28M

Iván Alén: "Temos unha candidatura que mezcla a experiencia de xente que leva toda a vida na politica local con xente nova comprometida con ganas de aprender"

Iván Alén, candidato nº 10
Iván incorpórase á candidatura logo de moitos anos de militancia e implicación con As Pontes

Iván Alén (1991) traballa de mecatrónico industrial lonxe da súa vila pero garda unha enorme implicación con ela. De feito, aproveitou un traslado para poder instalarse aquí de novo. Está especialmente interesado nos de desportes e no medio rural, pero únese ao proxecto disposto a aprender e a sumar donde se lle precise.

Por que decidiu dar o paso e formar parte da candidatura do BNG para estas eleccións municipais?

Eu son nacionalista e levo formando parte do BNG xa desde hai algúns anos. Din o paso para formar parte desta candidatura porque o proxecto necesitaba xente nova que vaia tomando o relevo e estou moi contento de que Carmela confiara en min. Agora temos que traballar para que o pobo tamén nos de ese voto de confianza que precisamos.

Que destacas das persoas que compoñen a candidatura?

Penso que Carmela fixo unha candidatura que mezcla perfectamente a experiencia de xente que leva toda a vida na politica local con xente nova comprometida con ganas de aprender. Penso que formamos un moi bo equipo que ten moito que aportar.

Que necesidades urxentes ve nas Pontes?

As Pontes necesita traballo, necesita un concurso de Transición Xusta para que o peche da Central Térmica non sexa o fin desta vila. As Pontes medrou grazas a que tiña traballo e persoas de moitos lugares afincaron a súa vida aquí. Sen emprego a xuventude non ten futuro na vila e sen xuventude a vila non ten futuro.

Cal sería a primeira medida sacaría adiante?

A primeira medida debe ser o noso Fogar Municipal das Persoas Maiores. Porque a nosa vila por desgraza é un lugar con moitas persoas maiores que necesitan un lugar para vivir os seus últimos anos cos coidados e atencións que precisan e merecen. O resto de proxectos que propoñemos son urxentes, pero as persoas maiores non teñen tempo que perder.

Que potencial ten As Pontes?

As Pontes ten un potencial enorme, sempre foi un concello referencia indutrial en Ferrolterra. Debemos volver facer das As Pontes unha vila atractiva para as empresas.

Por que queres vivir aquí?

Eu son unha persoa de vila. Eu nacín nunha aldea e crieime nela e sempre quixen vivir na aldea. Por desgraza pola falta de traballo no meu concello tiven que vivir en cidades fora de As Pontes desde os 20 anos. Asique a miña idea é vivir nas Pontes, no rural das Pontes.

Como foi recibido na túa contorna que formaras parte da candidatura?

As miñas amizades xa coñecían as meus ideais políticos desde fai moito tempo e na casa pois foi doado porque foi Carmela quen llo contou a meus pais, asique foi fácil. Contoulles que contaba conmigo sen falar conmigo antes, asique xa tiña claro que eu non ía decir que non. Creo que a ninguén que me coñeza lle sorprende verme formar parte desta candidatura.