Pleno Ordinario

O PSOE en contra dos actos informativos abertos no Alovi

Escombreira das Pontes onde pretenden instalar máquinas duns 7 MW.

O BNG demandaba convocar, antes da concesión da licenza, un sobre do desmantelamento da Central e outro sobre do parque eólico Tesouro na escombreira.

No Pleno do mércores, ademais do futuro das instalacións da Central, tamén se trataron outras propostas; entre elas estaba unha moción do PP, que admitiu as emendas do BNG para, entre outros aspectos, convocar, de xeito prioritario e urxente, actos informativos abertos no Auditorio Municipal Alovi, e non só os que está a facer o goberno municipal, limitados e selectivos, que precisan do convite do alcalde e/ou de Endesa, e que logo cualifican de “exercizo de transparencia necesario”.

Unha das temáticas propostas polo BNG eran a explicación do proxecto actual de desmantelamento da Central, no que deberían participar representantes de Endesa, e que tería que facerse antes de que o Concello conceda a licenza municipal; ademais dos motivos xa comentados sobre do futuro das instalacións. Outro fundamental sería o de dar información relativa á utilización de explosivos nas voaduras, ruídos, vibracións, po, partículas..., sobre de todo tendo en conta a proximidade a vivendas e ao propio casco urbano.

Nese sentido, é necesario lembrar o que alegou o propio Concello no primeiro trámite ambiental cando afirmaba que “o documento ambiental carece dunha análise comparativa das distancias e a dimensión das instalacións para demoler, con respecto aos núcleos habitados e actividades económicas, elemento crave para avaliar o impacto sobre a saúde das persoas da contorna. Non se inclúen datos sobre os potenciais efectos da contaminación por material particulado sobre a poboación próxima (situada a escasos 55 m do edificio máis próximo que vai ser desmantelado), nin sobre actividades que se desenvolven nas inmediacións [...] O emprego de explosivos e o uso de maquinaria pesada poden incrementar o po en suspensión e as vibracións da zona [...] Tanto a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, como o Concello das Pontes, informan negativamente”.

Plataforma no parque eólico de Vimianzo con máquinas dun 4MW.

Outro dos actos debería tratar, para o BNG, sobre do proxecto de construción do parque eólico Tesouro na escombreira, coa asistencia de representantes da promotora Enel Green Power, a convocarse antes da concesión das autorizacións pendentes e da licenza; no mesmo debería informarse sobre aspectos como o de canta capacidade resta ao nó de transición da Central, que afección pode ter o transporte e a montaxe dos 7 aeroxeradores de 7,2 MW cada un, pistas e movementos de terra, liñas soterradas, ..., sobre dun terreo artificial, que oculta materiais que non deben estar en contacto coa auga e co aire, e que tamén poderían afectar ao lago.

 

A proposta tamén incluía a esixencia ao goberno municipal de dar cumprimento os acordos, por unanimidade, do mes de novembro relativos á realización doutros actos informativos e campañas de difusión. O PSOE votou en contra, coa súa maioría absoluta.

TRANSPARENCIA?