RESPONSABILIDADE MUNICIPAL

Uns vinte contenedores de residuos industriais, sen control, en terreos do Concello

Residuos industriais
Residuos industriais preto da autovía entre Saá e Espiñaredo, en terreos do Concello.

Denunciamos a presenza de 20 contedores de residuos industriais, entre Saá e Espiñaredo. Durante unha inspección, comprobouse que varios contedores estaban abertos, expoñendo partículas finas ao vento. Recordamos ao goberno municipal do PSOE que é responsable destes residuos ao ser o titular da parcela e preguntámonos dende cando se está utilizando o terreo municipal para este uso ilegal e irresponsable, e cal é o beneficio para a xente das Pontes.

Uns vinte contenedores de residuos industriais, sen control, en terreos do Concello

Hoxe facemos eco da denuncia dunhas veciñas, alertadas polo cheiro na autovía entre Saá e Espiñaredo. 

Na visita feita xunto a elas, comprobamos que se trataba da presenza duns 20 contedores de residuos industrias, algúns deles abertos expoñendo ao vento un pó branco de partículas moi finas, ademais de uralitas. 

Segundo algúns dos códigos, trataríase de cantidades do orde das toneladas de reisudos industriais caracterizados como tóxicos, destinados a tratamento físico-químico, realizado en instalacións como as de Sogarisa. 

Hoxe, a media mañá, na presenza do Seprona, varios camións retiraban os materiais. 

Debemos lembrar ao goberno municipal do PSOE que a lexislación actual considera ao Concello, nesta situación, como posuidor dos mesmos ao ser o titular da parcela na que se localizan, e, polo tanto, responsábel deles. 

Dende cando se vén facendo uso do terreo municipal para dito uso ilegal e irresponsábel? 

Dende cando se vén facendo uso do terreo municipal, con coñecemento do goberno do PSOE, para dito uso ilegal e irresponsábel?

Cal é o beneficio para a xente das Pontes?

Faltan moitas explicacións.

 

 

Uns vinte contenedores de residuos industriais, sen control, en terreos do Concello