PLENO ORDINARIO

BIC Cheminea: División de opinións no Concello, cando menos

Cheminea

A ampliación do BIC da cheminea evidenciou a obriga dun debate social, reclamado polo BNG, sobre das instalacións da Central antes do desmantelamento.

BIC Cheminea: División de opinións no Concello, cando menos

Dentro da campaña que está a desenvolver o BNG para que a declaración de Ben de Interese Cultural da cheminea, iniciada pola Xunta en xuño de 2022, contemple tamén o parque de carbóns, unha das caldeiras, a nave de turbinas, a sala de control, e dúas torres de refrixeración, conxunto que formaría o Museo Galego da Electricidade, hoxe debatíase no Pleno a proposta, que tamén demanda un estudo de uso do resto de instalacións.

Os obxectivos da proposta son os de xeración de actividade económica e emprego alternativo, a curto prazo, que permitan compensar, en parte, a destrución de postos de traballo, ademais de manter a presenza de Endesa para comprometela nun novo e actualizado Plano de Desenvolvemento para As Pontes.

O PSOE votou en contra, con argumentos pobres, escasos, faltos de rigor, e contraditorios, nunha posición de comercial de Endesa, na defensa dos seus intereses mais que os propios e lexítimos das Pontes. O seu posicionamento en contra, fundaméntase, segundo o alcalde (si, hoxe estivo no Pleno), en tres piares. Un deles, a necesidade de chan industrial pero na parcela da Central, sen dar resposta á pregunta, repetida e insistente, do BNG sobre de cando estaría dispoñíbel e de quen sería a propiedade.

Outra das xustificacións foi o elevado custe do mantemento, que chegou a valorar nos 500.000 euros anuais, sen explicar a procedencia do dato, e no feito de que, aínda que o mesmo correspóndelle por lei a Endesa, tería que levar parello o mesmo uso, é dicir, o de Central Térmica para xerar electricidade, segundo un criterio xurídico do que tampouco aclarou a fonte.

undefined
DOG 125 - Venres, 1 de xullo de 2022

O outro argumento foi o do emprego, xa que o desmantelamento permitiría manter os postos do persoal das Auxiliares durante 4, 5 ou 6 anos -entón non remataría até o 2029 ou 2030; e logo o solo industrial para cando?-, desprezando o emprego, en número e tipo -uns cantos de seguridade-, da proposta do museo con outros usos compatíbeis; sorprende, logo, tanto anuncio do Museo da Minaría e do resto de instalacións similares promovidas dende o Concello. Por certo, tampouco foron capaces de explicar a situación actual das Auxiliares (por que se incumpriu o compromiso de contratación antes do 1 de decembro de 2023, canta xente está a traballar, en que condicións e con que salarios, por que se vetou a algunha xente, ...).

A respecto do remate dos fondos de Transición Xusta e doutros europeos en 2026 e 2027 e o seu imposíbel encaixe na súa proposta, da proposta do Ministerio de Cultura para conservar unha central térmica -só queda a das Pontes-, da fundación que xestiona os museos das centrais de Compostilla I e da Mineiro-Siderúrxica de Ponferrada con fondos do Estado -uns 140 millóns dende 2007 e cuns 100 empregos-, dos plans de Enel con outras centrais en Italia, .... nada de nada.

Polo tanto, ACTO PÚBLICO e DEBATE SOCIAL SOBRE DAS INSTALACIÓNS DA CENTRAL XA!

 

BIC Cheminea: División de opinións no Concello, cando menos