CONVERSAS 28M

Dani Balseiro: "Preséntome por responsabilidade co fin de axuntar esforzos para termos de novo unha vila próspera"

Daniel Balseiro, candidato nº 6
Daniel Balseiro, candidato nº 6
Dani repite na candidatura do BNG das Pontes porque, pese a ser coma moitos pontés de acollida, di que "aquí teño a miña familia, ao meu pequeno e non nos vexo noutro lugar que non sexa este"
Dani Balseiro: "Preséntome por responsabilidade co fin de axuntar esforzos para termos de novo unha vila próspera"

Daniel Balseiro (Londres, 1983) traballa como Técnico de Operacións e Mantemento, leva asentado nas Pontes 16 anos e aquí está a criar un neno de 7 aniños. Amosa interese polo eido deportivo e participa activamente nel na nosa vila, aínda que por formación aporta ao equipo no ámbito enerxético e industrial.

Porque se presenta como candidato nas eleccións municipais deste domingo?
Entre otras cousas por responsabilidade. Como dixen nalguna ocasión, son pontés de acollida e cando me asentei na vila hai uns 16 anos, rezumaba vida, as rúas estaban ateigadas de xente. Non podemos permitir que esta vila siga estes derroteiros, debemos achegar posturas e axuntar esforzos para que As Pontes volva  ser referente de vila próspera.

Que destaca das persoas que integran a candidatura?
Ademais de Carmela, somos 22 integrantes que mezclan entre outras cousas, experiencia, compromiso e xuventude. Unha lista plural que abarca as desazóns da veciñanza e análise crítica da situación que presenta a vila. Logo, a candidata á alcaldía é o fiel reflexo das ganas de traballar, a humildade e o esforzo do BNG por reconducir o presente e futuro das Pontes.

Que necesidades urxentes ten As Pontes?
É primordial un concurso público de Transicion Xusta que garanta investimentos sólidos no sector secundario que aporte emprego estable e de calidade. Ademais, e non menos importante, temos que xerar solo industrial con premura para garantir que se instalen aquí iniciativas industriais que fagan rexurdir tamén os outros dous sectores económicos. 

Cal é a principal medida que levaría a cabo?
Temos que ser quen, como vila, como cidadanía, de defender os nosos 1.400 MW de xeración eléctrica. Esta vila medrou arredor deste nó de evacuación.  Non debemos nin podemos permitir que o goberno central os leve para outro sitio. Temos que construír As Pontes do futuro a partir deles.

Que potencial ten a nosa vila?
As Pontes está conectada por estrada como ningunha outra vila de Galicia, ten reserva hídrica, está moi preto do porto exterior de Ferrol, ten unha tradición industrial sen igual, ten talento... Teno todo para ser importante de novo. 

Por que queres vivir nela?
E donde teño o meu fogar, a miña família, as miñas amizades, onde o meu pequeno xoga, ri, medra... O certo é que non me vexo noutro sitio que non sexa aquí.

Que entendes ti por facer política?
A politica ten que ser un servizo a cidadania. Só iso, sen máis pretensións que servir os veciños e veciñas das Pontes. Escoitar e resolver as súas inquietudes e demandas. 
 

Dani Balseiro: "Preséntome por responsabilidade co fin de axuntar esforzos para termos de novo unha vila próspera"