O "guiño" da Deputada

undefined
Na política actual, moitas veces, a aparencia ocupa máis tempo que o traballo real, e nas Pontes non temos a excepción.
O "guiño" da Deputada

Na política actual, moitas veces, a aparencia ocupa máis tempo que o traballo real, e nas Pontes non temos a excepción.

Veñen de aprobarse os Orzamentos 2021 de máis de 15 millóns de euros -aínda que a 21 de xuño xa están gastados máis de 17 millóns (?)- e, deles, o 80% é só para o funcionamento habitual do Concello (incluíndo os 8 salarios de cargos políticos), o 11% é para subvencións que lle dan un grande rédito electoral a un goberno municipal que pouco goberna, e un 5% (763.000 euros) para investimentos, a metade novos e a outra para reposicións, e tan estratéxicos como un dron (uns 18.000 euros), unha máquina fregadora (8.000), outra de soldar (case 4.000), ou un taladro e radial (1.000).

Así, en máis de 14 anos gobernando non fixeron un só m2 de solo industrial nin tampouco a Residencia de Maiores, mentres vemos como os case que 1.000 habitantes de Pedrafita do Cebreiro están a desfrutar dende vai 2 meses de 30 prazas nunha Residencia, con 25 postos de traballo, cunha aportación municipal de 500.000 euros; o orzamento do Concello é de 1,2 millóns de euros.

Afeita a esta política de aparencias, non debe sorprendernos que, en case 2 anos en Madrid, a chamada Deputada polas Pontes só rexistrase 3 iniciativas sobre o noso concello, nestes tempos e coa que nos está a caer na nosa vila e coa responsabilidade que ten o Ministerio de Transición Ecolóxica. Das 3 iniciativas unha é de puro escándalo, cando non se lle ocorre máis que preguntar sobre os plans de Endesa para As Pontes, a resposta por parte do seu Goberno: pregúntelle vostede a Endesa.

En fin, a cousa non dá para máis, hai 23 deputados/as galegos/as no Congreso, unha delas é cargo do Goberno -de Traballo, por certo-, polo que non fai tarefa parlamentar, e dos outros 22 a que menos iniciativas leva rexistrado nestes 2 anos é a Deputada polas Pontes, unhas 2 ao mes (sae a uns 3.000 euros cada unha, e só por escribir medio folio).

Foise das Pontes deixándonos aquel convenio “histórico e millonario” con Endesa, no que esqueceu incluír a rotopala e o rodete que logo pagamos -e ben pagados- ou o hospitalillo, entre outros bens; pero o día que tomou posesión do cargo acordouse de nós e disque fixo un “guiño” a As Pontes. Semella que o xesto debeu ser outro, máis de “corte” coloquial, xa que mentres As Pontes cae hai quen medra a súa conta.

O "guiño" da Deputada