Valentín González Formoso, a Excelencia

Valentin-Gonzalez-1024x1024

Valoración do discurso de investidura de Valentín González Formoso, alcalde das Pontes.

Valentín González Formoso, a Excelencia

EXCELENCIA, DISQUE. Así se despachou o alcalde no seu discurso na toma de posesión para referirse ao seu obxectivo. Mais que é a excelencia? O dicionario pode ilustrarnos e darnos algunha pista; un posíbel significado sería "grao eminente de perfección", pero escoitando o discurso non debe ser aplicábel, xa que tamén propuxo "unha segunda revolución, na que o desenvolvemento económico, coa creación de emprego en todos os sectores, será o alicerce que o sustente", polo que perfecto, o que se di perfecto... Non sería, entón, ao outro significado o que se refería o alcalde, o do "título honorífico e tratamento dado a persoas ilustres"?; en que estará maquinando?"

Valentín González Formoso, a Excelencia