CAMPAÑA 28M

A Xunta Electoral dita por unanimidade que as convocatorias veciñais do PSOE a través do Concello vulneran o artigo 50 da LOREX

Requerimento da XEZ
Requerimento da XEZ
O órgano que regula o proceso electoral requírelle ao alcalde e candidato socialista que cese “de forma inmediata nas mesmas e que se absteña de volver facelo nun futuro”
A Xunta Electoral dita por unanimidade que as convocatorias veciñais do PSOE a través do Concello vulneran o artigo 50 da LOREX

A Xunta Electoral de Zona vén de determinar por unanimidade que as convocatorias realizadas a través do Concello para manter reunións electorais co PSOE vulneran a Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral (LOREX). Acordouno o pasado venres ante unha denuncia presentada contra algo que xa sinalamos de forma pública como xogo sucio desde o BNG das Pontes.

O órgano xurídico, tras analizar as probas remitidas, considera que “as convocatorias directamente efectuadas polo Concello á veciñanza das Pontes por parte do alcalde en pleno periodo electoral, vulnera o artigo 50 da LOREX”. Este sinala que durante o período electoral as institucións non poden realizar campañas que poidan influir na orientación de voto dos electores, sen poder realizar ningún acto organizado ou financiado, directa ou indirectamente, polos poderes públicos, ademais de non poder realizar ningún tipo de inauguración de obras.

Así, a Xunta acorda “requerir ao alcalde das Pontes a fin de que cese de forma inmediata nas mesmas e que nun futuro se absteña de reiterar accións similares, baixo apercibimento de incorrer en delito de desobediencia”. Con todo, séguennos a chegar queixas de veciños e veciñas que continúan a recibir esas famosas cartas nas que se os convoca a unha xuntanza en nome do Concello en plena campaña electoral.

Este feito únese á non comparecencia do citado candidato nunhas entrevistas que se ían realizar en RTVEUME a todas as candidatas. Así, o pluricandidato do PSOE evita que os veciños e veciñas poidan coñecer as propostas do resto de partidos nos medios públicos, xa que por normativa electoral, debe haber igualdade neles para todos. Unha vez máis, volve exercer o seu poder institucional para beneficio propio.
 

A Xunta Electoral dita por unanimidade que as convocatorias veciñais do PSOE a través do Concello vulneran o artigo 50 da LOREX